CRTVG

Buscar

Paralizan a actividade en Navantia Ferrol por problemas na limpeza

Publicado o 22/04/2020 09:23
Paralizan a actividade en Navantia Ferrol por problemas na limpeza

Representantes sindicais dos traballadores de Navantia en Ferrol decidiron paralizar a actividade no estaleiro dous días despois de que esta se retomase. Estiman que a empresa non está a cumprir a súa parte no protocolo de seguridade pactado.

Fontes sindicais informan de que o problema está na limpeza dos vestiarios, que vén realizando a empresa Acciona. Denuncian que o luns esta cuestión tivo que resolverse con medidas urxentes, como adiantar a fin da quenda dos traballadores para que fose posible esa limpeza.

"A dirección non dá os pasos para que se cumpra o protocolo que todos entedemos como bo, e por iso, mentres non garanta a limpeza que esixe este documento, non se poderá continuar cos traballos", explican.