CRTVG

Buscar

Papa Noel tamén chega aos hospitais a visitar os nenos

Publicado o 25/12/2019 14:10

Terceira planta do hospital materno Infantil de Ourense. Chega Papá Noel. E ven cargadiño de agasallos.

Fai a súa primeira parada canda Carla.

Tocou estes días pasar polo hospital, pero xa saben que o Papá Noel non esquece a ninguén, que os pequenos estén eiquí non é excusa para non recibir a súa visita, aínda que sexa polo día.

Foi unha noite de moito traballo, pero conta Papá Noel, que sempre é un pracer alongar a xornada algo máis do previsto para ver os pequenos e a aqueles que os coidan estes días nos que hai tantas ganas de estar na casa.

Agora só queda repoñerse canto antes para poder gozar dos agasallos do Papá Noel na casa, que é onde máis prestan.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/12/2019