CRTVG

Buscar

Papá Noel e mais unha elfa percorren as rúas da zona vella compostelá

Publicado o 24/12/2019 16:20

Esta noite, Papá Noel e os seus axudantes non pararán de entregar agasallos na que é a súa xornada de máximo traballo do ano. Esta mañá puidemos velo en Santiago onde, xunto coa súa elfa, están a animar as rúas da zona vella. Así atopamos a Papá Noel e a súa elfa esta mañá, en Santiago de Compostela.

Imposible non sorrir ao velos pasar. Nenos e nenas, ilusionados, falan con eles e levan un agasallo... 

Percorren as rúas da zona vella e entran tamén nas tendas da Asociación Compostela Monumental, que participa nesta iniciativa para revitalizar o comercio tradicional nesta xornada de compras de Noiteboa. Iso si, pídennos que lles lembremos que deiten cedo os cativos para que lles dea tempo a deixarlles os agasallos esta noite.

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/12/2019