CRTVG

Buscar

Pantallas, semipresencialidade e quendas rotatorias son as opcións para manter as clases

Publicado o 16/10/2020 15:56

Case un mes despois de comezar as clases, os institutos galegos continúan adaptándose á educación na era covid. 

Desdobramentos de quendas, clases semipresenciais e pantallas separadoras son algunhas das alternativas para conseguir manter o curso escolar a pesar da pandemia.

O instituto Sanxillao de Lugo escolleu o desdobre de quendas para que todos os alumnos poidan acudir a clase. Uns van polas mañás e outros polas tardes. Isto xerou algunhas complicacións para compaxinar o ensino coas actividades extraescolares, pero, en xeral, a adaptación está sendo boa

Outra alternativa é a educación semipresencial. É a opción pola que optou o IES Antonio Fraguas de Santiago para os rapaces de primeiro de bacharelato. Alternan clases con tarefas dende a casa, e isto non gusta aos pais.

A semipresencialidade tampouco convence a comunidade educativa. Por iso a Consellería de Educación e os centros traballan para encontrar solucións alternativas.

Outros centros apostaron pola colocación de pantallas separadoras.

Semella que non hai fórmulas máxicas para a educación en época de pandemia e que a colaboración de todos: administracións, mestres, alumnos e pais, é a chave do éxito.

 

Noticias web

16/10/2020