CRTVG

Buscar

Pancho Casal: "Yolanda Díaz debería dicirlle a Reyes Maroto que non venda a moto con Alcoa"

Publicado o 01/07/2020 12:30

O candidato da Marea Galeguista, Pancho Casal, reclamoulle ao Goberno de Pedro Sánchez o estatuto para as empresas electrointensivas. Casal afeoulle, ademais, á ministra de Traballo que non faga nada pola súa terra nunha situación crítica para a Mariña.

"Agora hai algunha ministra galega, pero xa vemos o que se está preocupando da crise de Alcoa e a Mariña de Lugo. Entendemos que está noutro departamento, pero xa lle podía dicir á ministra Maroto cando a ten ao seu carón que non venda a moto e saque o estatuto das electrointensivas dunha maneira inmediata", dixo Casal.

 

Noticias web

01/07/2020

Máis sobre San Cibrao das Viñas