CRTVG

Buscar

Pablo Lago, novo alcalde de Brión

Publicado o 18/09/2020 14:58

O concello de Brión xa ten novo alcalde. Pablo Lago, que ata agora exercía de tenente de alcalde e concelleiro de Urbanismo, recolleu esta mañá o bastón de mando. Entre o público, o seu predecesor, Xosé Luís García, todo un histórico da política municipal que anunciou hai unhas semanas que deixaba o cargo por motivos persoais. O socialista levaba de alcalde 41 anos, once lexislaturas.

Noticias web

18/09/2020