CRTVG

Buscar

Pablo Iglesias: "Hoxe toca respectar que os españois voten en liberdade"

Publicado o 28/04/2019 12:24

O candidato de Unidas Podemos á presidencia de Goberno, Pablo Iglesias, exerceu o seu dereito ao voto ás 9.45 no colexio público La Navata, entre unha grande expectación de medios e de veciños da localidade madrileña. 

Iglesias desexou este domingo que a xornada electoral se traduza nunha alta participación que favoreza as aspiracións da maioría progresista. "Votei nun colexio público, onde queremos que estuden os nosos fillos", dixo. Destacou que é un día fermoso para "lembrar o importante que é a educación pública e os servizos públicos". 

Noticias web

28/04/2019