CRTVG

Buscar

Pablo Iglesias non participará no cumio bilateral con Marrocos

Publicado o 07/12/2020 21:24
Pablo Iglesias non participará no cumio bilateral con Marrocos

Pablo Iglesias non participará no próximo cumio bilateral España-Marrocos. A Moncloa confirmou que o vicepresidente segundo non vai viaxar ao país magrebí o vindeiro 17 de decembro. Apuntan a que a súa ausencia se debe ás medidas de seguridade pola covid-19, que obrigan a que a delegación sexa o máis reducida posible. Pablo Iglesias pronunciouse hai poucos días nas redes a favor do referendo de autodeterminación da república saharauí.
 

Noticias web

07/12/2020