CRTVG

Buscar

Pablo Iglesias di que seguirán sendo "cabezóns" co salario mínimo, a reforma laboral e as pensións

Publicado o 19/12/2020 20:03

Son as imaxes do famoso encontro improvisado entre Pablo Iglesias e a ministra voceira do Goberno, María Jesús Montero, na que esta supostamente lle chamou "cabezón".

Hoxe Iglesias anunciou que seguirá dando a batalla en temas como o salario mínimo, a reforma laboral e as pensións, e asume así o termo cabezón:  "Pode que nos digan, e terán razón, que somos moi cabezóns... que somos moi cabezóns por traballar para que se cumpran os acordos asinados. Ben, pois si, somos moi 'cabezóns' para que se cumpran os acordos asinados e para iso nos votaron".

Pablo Iglesias dixo que depois do discurso do Rei nesta Noiteboa haberá un debate en moitos fogares sobre monarquía ou república e non dubidou en cualificar o PSOE como "partido monárquico".

Sobre este tema, respondíalle o ministro e secretario de Organización do PSOE, José Luis Ábalos, reivindicando a Constitución e o modelo de xefatura do Estado que figura nela: "O partido socialista sabe o que é, non fai falta que lle diga ninguén como é, o importante é que nós saibamos como somos. Nós somos un partido de valores republicanos, é evidente, pero somos, sobre todo, un partido que respecta o marco constitucional. Fundamentalmente, un partido constitucionalista e sómolo desde o primeiro artigo ata o último; ata os da reforma da Constitución incluso".

Noticias web

19/12/2020