Pablo Iglesias aposta que haberá goberno antes do Nadal
Publicado o 28/11/2019 18:43
Segundo algunhas fontes, o PSOE baralla o 19 de decembro como data da investidura de Pedro Sánchez. Desde Unidas Podemos manteñen discreción sobre o avance das negociacións, pero Pablo Iglesias aposta tamén que haberá goberno antes do Nadal.
Pablo Iglesias, secretario xeral de Unidas Podemos: "Espero que a próxima Noiteboa os españois poidan cear con goberno. Hai que apostar polo diálogo, pola empatía e pola man esquerda para lograr que a investidura saia adiante. Coñecerán con todo detalle como será o novo Goberno despois da investidura. Antes non".
Máis sobre actualidade
28/02/2021 21:18