CRTVG

Buscar

Pablo gañoulle a batalla á covid aos seus 38 anos, pero quedáronlle secuelas

Publicado o 20/10/2020 15:16

Pablo Mariño, aos seus 38 anos, mira a vida con outros ollos tras gañarlle a batalla ao coronavirus.

Contaxiouno a súa moza, que tiña síntomas leves. El foi ingresado días despois cunha pneumonía bilateral.

Saíu cinco días despois de ingresar. Pero precisou confinarse na súa casa porque tardou un mes en dar negativo. As secuelas foron físicas e tamén psicolóxicas.

Considérase optimista. Non lle ten medo á enfermidade, pero si respecto.

Aproveitar a vida e as segundas oportunidades. Dende que comezou a pandemia en Galicia xa son máis de 23.000 curados.

Noticias web

20/10/2020