CRTVG

Buscar

Pablo Fidalgo presenta a súa montaxe 'Anarquismos'

Publicado o 02/11/2018 18:48

Pablo fidalgo, texto e dirección de 'Anarquismos'. Esta performance ten funcións ata o 2020 en Madrid, O Porto ou París.

'Anarquismos' é a nova coprodución do Centro Dramático Galego. Unha reflexión sobre a memoria e o soño como mecanismos imperfectos para crear identidades. Contóunolo Pablo Fidalgo. 

"O punto de partida é pensar en que lugares, en que corpos, en que persoas, o xesto anárquico que foi tan importante na historia española, nos anos 20 e nos 30. Onde ese xesto pode existir? Que queda en nós, realmente, da anarquía mais alá do asunto político. Toda aquela historia, toda aquela paisaxe sérvenos como escusa case para falar da xuventude hoxe. Da miña xeración e de todos os asuntos que afronta hoxe e de todas as dificultades, por suposto. Decidimos traballar moito, desde o corpo, decidimos traballar co texto proxectado e compor a partir doutras premisas. Nesta idea do fin das ideoloxías e do fin dos grandes discursos. Para min, na anarquía hai aínda algo por explorar que non existe en ningúnha outra forma política, digamos".

"E creo que en gran parte, hai algo de xesto tamén nesta peza de, non asumir as espectativas que os outros poñen sobre ti. Hai algo de rebeldía, de desobediencia, de anarquía tamén. E nos nesta peza afrontamos iso".


 

Noticias web

02/11/2018