CRTVG

Buscar

Ouro para Caetano Horta nos Europeos júnior de Remo

Publicado o 27/09/2020 15:18

Nos Europeos júnior de Remo que se disputan en Belgrado, o noiés Caetano Horta acaba de gañar o ouro en dobre scull, facendo parella co sevillano Pablo Moreno. Proclámanse así campións de Europa. Tamén había representación galega no 4 sen temoeiro feminino. A tripulación, que conta coa ferrolá Malena Barro e a cedeirense Raquel Rodríguez, rematou no cuarto posto.

Noticias web

27/09/2020