CRTVG

Buscar

Ourense revélase como potencia en turismo deportivo

Publicado o 29/01/2019 18:52

Son parte do equipo da selección biolorrusa de remo. O seu adestrador dálle as últimas indicacións antes de meterse no Miño. Levan sete anos acudindo a estas instalacións de Laias. Hoxe comparten o río cos membros da selección paralímpica de inglaterra.

Tom Tyson, director técnico do Equipo nacional Paralímpico de Inglaterra: "Escollemos este lugar para adestrar polas facilidades ao estar ao carón do río. O río é ideal para os entremamentos, polas caraterísticas da auga. Ademáis tamén ten boas instalacóns en terra, un bo ximnasio, boa comida ideal para adestrar".

Máis de 20 quilómetros de río navegable, sen outras embarcacións. Centros de alto rendemento e augas termais para recuperarse fai que máis dun milleiro de remeiros e piraguistas ao ano elixan este destino.

Pero xunto co remo comezan a abrirse novas vías de negocio no turismo deportivo.

Diferentes alternativas coas que Ourense comeza a facerse un oco no turismo deportivo, un sector que move ao ano en España máis de 10.000 millóns de euros.

Noticias web

29/01/2019