Ourense lanza unha plataforma de venda en liña
Publicado o 01/09/2020 20:53
Xa poden mercar desde a plataforma Eprox todo tipo de produtos a través de Internet duns catrocentos comercios da provincia de Ourense. Unha ferramenta impulsada pola Federación Provincial de Comercio e a Deputación de Ourense para dar soporte ao comercio local e ao novo xeito de mercar.
Un pulo para as pequenas tendas e unha oportunidade para se adapataren ao comercio electrónico.
Vantaxes para os comerciantes e para os compradores con ofertas personalizadas e xeolocalizadas.
Este é o resultado de dous anos de traballo nesta empresa ourensá, unha aposta polo comercio de proximidade, e a idea é que na plataforma tamén se inscriban negocios de toda Galicia.
Máis sobre Ourense
14/01/2021 20:49