CRTVG

Buscar

Ourense e O Carballiño ven como baixan os casos tras máis dun mes de restricións

Publicado o 09/11/2020 14:03

Consolídase a tendencia descente na área de Ourense. Destacan as cifras dos concellos máis grandes da provincia, o da capital e o do Carballiño, cunha baixada de casos activos dende o pico ata hoxe dun 46 e un 68 por cento, respectivamente.

Tras a prohibición de xuntanse con non conviventes e o confinamente perimetral na cidade de Ourense, a principios de outubro, as medidas máis severas tomáronse no Carballiño, onde se engadiu o peche da actividade non esencial. Restricións que xurdiron efecto e que se estenderon a Galicia.

Preocupa agora a presión asistencial, sobre todo na UCI, con 19 pacientes con covid-19, 107 hospitalizados en total na área de Ourense.

En Ourense, coa festividade do San Martiño, fan un chamamento especial para non reunirse para a celebración dos magostos.

Nesta área sanitaria hai, a día de hoxe, 1.035 pacientes con infección activa. Nas últimas 24 horas confimáronse 29 casos con probas PCR. Desde o inicio da pandemia, 253 persoas morreron por coronavirus na provincia.

Noticias web

09/11/2020