CRTVG

Buscar

Os zocos reivindican o seu espazo como calzado habitual e a súa demanda vai en auxe

Publicado o 01/03/2020 18:44

Os zocos reivindican o seu espazo como calzado habitual. Deixan atrás o seu tradicional vencello coas tarefas do campo. E a súa demanda vai en auxe. De diversas cores e terminacións, desde os máis tradicionais ata os máis atrevidos, os zocos abandonan o seu espazo como calzado para empregar nas tarefas do campo para elevarse como peza de moda.

De factura artesanal, os zocos vanse adaptando aos tempos. O que non cambia é que se trata dun calzado duradeiro é quente ao ser de madeira.

Cuestión de probalo. Un calzado tradicional que tamén deixa a súa pegada na moda.

Noticias web

01/03/2020