CRTVG

Buscar

Os 'xubilenials' universitarios: estudantes que pasan dos 65

Publicado o 16/01/2020 15:01

Chámanlles xubilenials, os xubilados do século XXI. Remataron a súa etapa laboral, pero gozan de boa saúde e seguen activos e con ganas de continuar acumulando vivencias. Coa vantaxe de dispor do tempo que lles faltou mentres traballaban, algúns ata se atreven a matricularse como estudantes universitarios.

Chegan á clase coas lecturas feitas e as materias preparadas, intercambian impresións cos compañeiros e son moi participativos. O perfil de alumno universitario ideal, segundo moitos profesores, supera os 65 anos. A clave está en que estudan polo pracer de saber.

"Teño cabeza chea de proxectos para encher os baleiros, porque de súpeto decátaste de que tes as vintecatro horas para ti", conta Jesús María Ortueta, estudante de 4º ciclo.  A súa compañeira de aula, Conchita Cruz, explica que pasou unha experiencia moi dura: "morreu o meu home e daquela dixen, non podo sentar nun sillón e deixar pasar a vida sen máis".

Jesús é licenciado en Económicas e agora atrévese con asignaturas como Historia da Cultura de Galicia. Paréceme moi interesante unha asignatura é benestar emocional e social", engade. Conchita atrévese coa Astronomía e o Dereito. É filóloga, pero non puido empezar a estudar ata os 40 anos. "Había xente que quería que as súas fillas fosen universitarias pero no meu caso (a educación) foi para ser unha boa muller, unha boa nai...".

Hoxe as mulleres sen carreira universitaria previa son maioría nestas clases de 4º ciclo, nas que están matriculados 3.000 xubilenials galegos. Aulas para socializar. Cheas de persoas maduras e dispostas a facer da curiosidade un motor para a vida.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/01/2020