CRTVG

Buscar

Os xogadores do Celta, citados para pasar as PCR e comezar a pretemporada

Publicado o 07/08/2020 22:51

Isto non afecta nin á Primeira nin á Segunda División, que agardan que volva a liga o mes que vén. De feito, os xogadores do Celta están a piques de comezar a pretemporada. Mañá a moito tardar terán que regresar a Vigo, os que estean fóra, para someterse aos tests PCR, trece días despois de xogaren o partido contra o Español que certificaba a permanencia. Xa hai programado un amigable para o vindeiro 5 de setembro contra o Spórting de Xixón.

Noticias web

07/08/2020