CRTVG

Buscar

Os xardíns do pazo de Meirás non abrirán este sábado polas novas restricións

Publicado o 26/01/2021 22:02
Os xardíns do pazo de Meirás non abrirán este sábado polas novas restricións

Aprázase a reapertura dos xardíns do pazo de Meirás. O nivel máximo de restricións contra a covid obriga a adiar as visitas aos exteriores do pazo, que tiñan previsto iniciar este sábado 30 de xaneiro.

A Delegación do Goberno explica que esta suspensión é temporal, e que manteñen a intención de abrir ao público os xardíns en canto a situación sanitaria o permita.

Noticias web

26/01/2021