CRTVG

Buscar

Os viños espumosos galegos disparan as súas vendas

Publicado o 25/12/2019 13:31

Burbullas e luces como de anuncio de Nadal. Pero nin champaña francés, nin cava catalán: espumoso galego.

"O espumoso galego non é algo tan recente como pensamos. Xa nos anos vinte se elaboraban espumosos en Galicia".

Pero foi neste século XXI cando a xa elevada experiencia dos nosos enólogos e técnicos en viticultura permitiu que tres denominacións de orixe apostaran polo espumoso.

"Agora xa podemos dicir que estamos nunhas cifras de vendas importantes".

O Consello Regulador de Rías Baixas certificará máis de 124.000 botellas de espumoso de calidade para este Nadal. Teñen xa 16 adegas que producen 24 marcas desta esixente elaboración.

"O espumoso elabórase de forma tradicional, o método champenoise". "Que require moita técnica, moita precisión, a burbulla, a segunda fermentación na botella...". "Estades vendo que se enturba?".

Nunha das fases do proceso deixan eses pousos ir caendo nas botellas inclinadas nos pupitres. Para iso, cambian cada día a hora do reloxo de cada botella.

Outro segredo está no emprego dos viños base galegos.

"Son viños moi equilibrados, no sentido de que teñen un nivel de acidez e ph baixo, e con estes ph pódese traballar na obtención dunhas burbullas moi finas e moi elegantes".

Tan elegantes que igual o espumoso galego pode competir co champaña francés.

"Pode non, está competindo". "Nas catas, nas críticas, nas guías demostran que estamos aos niveis máis altos de espumosos que se están a elaborar no mundo".

E o espumoso galego continúa creecendo.







 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/12/2019