CRTVG

Buscar

Os vehículos de alta gama de Sito Miñanco, a disposición dos cidadáns

Publicado o 09/07/2020 16:52

Esta inmobiliaria considérase o eixe da actividade do branqueo dos beneficios que obtiña Miñanco do narcotráfico. O incremento do seu patrimonio non pasaba desapercibido entre os seus veciños de Cambados.

Unha das xoias patrimoniais é este edificio no centro da vila cambadesa, ao que se suma un longo inventario de bens entre pisos, mansións, naves industriais e locais comerciais.

Na última operación do 2018, en que Sito foi detido por última vez, foi comisada a súa descomunal frota de vehículos. Estes días comezou a poxa dalgúns deles.

O procedemento de poxa xa esta aberto e pecharase a mediados de xullo. É a primeira das que seguirán nos próximos meses sobre o patrimonio do cambadés.

Noticias web

09/07/2020