Os veciños denuncian unha vertedura que tinguiu de branco un río en Roxos
Publicado o 26/12/2019 20:27
En Roxos, no concello de Santiago, os veciños denuncian unha vertedura no río de Villestro que pintou de branco a auga durante horas. Foi no lugar de Vilastrexe, moi preto da cidade. Desprazouse ata alí un equipo da Policía Autonómica e unha funcionaria colleu mostras da auga para analizala.
Os veciños aseguran que non é a primeira vez que pasa isto, senón que ocorre con relativa frecuencia desde hai anos.