CRTVG

Buscar

Os veciños de Betanzos alertan do aumento do botellón no paseo da Tolerancia

Publicado o 24/02/2020 14:25

Preocupación en Betanzos pola afluencia de mozos facendo botellón no paseo da Tolerancia. Os veciños din que ás festas do Entroido se lles sumou a prohibición desta práctica na Coruña, e temen que se converta en costume.

Esta mañá aínda quedaban restos do botellón celebrado esta fin de semana no paseo da Tolerencia, en Betanzos. Un botellón que concentrou centos de mozos.

Preocúpalles que a recente prohibición de beber na rúa na Coruña provoque o traslado dos mozos a Betanzos.

Os veciños din que levan anos aturando este problema tanto os venres coma os sábados, e temen que se agora Betanzos se converte no epicentro do botellón vaia a peor.

Din que non se pode permitir que, mentres uns se divirten, os outros non poidan nin descansar. Por isto esixen medidas urxentes e definitivas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/02/2020