CRTVG

Buscar

Os veciños de Baiona reclaman a reparación do paseo da Foz

Publicado o 23/01/2020 14:32

É un dos paseos máis utilizados polos veciños do Val Miñor. Parte da Ramallosa e chega ata Baiona. Pero xusto no límite dos dous concellos, ao seu paso por Sabarís, os valados e as prohibicións impiden o paso dos peóns nun tramo de 200 metros. O motivo, a caída dunha parte do mesmo.

Estre tramo do paseo comezou a ceder hai tres anos. Pero nos últimos oito meses esta situación agravouse e moito. O Concello xa informou a Costas da necesidade do seu arranxo hai tempo. Pero as cousas, seguen igual neste estuario da Foz.

Esta paseo está situado nunha zona moi turística do Val Miñor. Amais de ser frecuentado por moita xente, é unha zona protexida pola Rede Natura pola súa flora e fauna. De aí que o seu arranxo debe ter en conta esta particularidade para non danar o ecosistema.

O seu arranxo está presupostado en 200.000 euros. E aínda que é unha prioridade de nivel un, Costas está á espera da aprobación dos orzamentos xerais do Estado para poder restablecer un paseo que se caracteriza por ter unhas vistas espectaculares.

Noticias web

23/01/2020