CRTVG

Buscar

Os veciños da costa lucense, resignados ante este novo confinamento

Publicado o 05/07/2020 21:29

Entre os habitantes da comarca a situación vívese con resignación. Os que teñen negocios e pequenas empresas están preocupados. Estaban tratando de recuperar a normalidade e isto significa volver un paso atrás. Outros son turistas, algúns veciños asturianos que aproveitan esta últimas horas antes de que as medidas entren en vigor para regresar ás súas casas.

Os bares, restaurantes e hoteis son os máis afectados pola limitación. Asumen a situación con resignación e pídenlle á xente moza que respecte as medidas de seguridade.

Os comerciantes e hostaleiros agardan que o rebrote se controle axiña para poder aproveitar o resto do verán. Moitos turistas acabados de chegar deciden, malia a limitación, gozar das vacacións na Mariña.

O máis importante é non baixar a garda e respectar as medidas de seguridade. A colaboración de todos é imprescindible para controlar o virus.

Noticias web

05/07/2020