CRTVG

Buscar

Os veciños afectados polos incendios de 2017 en Carballeda de Avia regresan as súas casas

Publicado o 08/01/2020 21:05

Os veciños afectados pola devastadora vaga de incendios de 2017 no concello ourensán de Carballeda de Avia, poden, por fin, volver ás súas vivendas.

A conselleira de Medio Ambiente visitou hoxe algunhas das casas rehabilitadas cos preto de 770.000 euros achegados pola Xunta. Á parte de vivendas habituais, tamén houbo axudas por danos en construcións anexas e nos obxectos domésticos.

Ángeles Vázquez destacou que Carballeda, un dos concellos máis afectados polos incendios daquel ano, recibiu a quinta parte das axudas que repartiu a súa consellería en Galicia.

Ángeles Vázquez, conselleira de Medio Ambiente: "A Consellería de Medio Ambiente fixo un grande esforzo. Chegouse aos 3,9 millóns de euros e gran parte recaeu en Carballeda de Avia, porque tamén era un dos concellos máis afectados".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/01/2020