Os usuarios do tren denuncian que se incumpren as distancias dentro dos convois
Publicado o 16/11/2020 15:23
Seguen as denuncias dos usuarios polas aglomeracións nas viaxes en tren, sobre todo durante as fins de semana. Din que no se cumpre a distancia de seguridade nos convois, que viaxan ao cen por cento da súa capacidade, sobre todo, polos desprazamentos dos estudantes.
Durante a semana o número de viaxeiros diminúe, pero hai algunhas queixas sobre a asignación dos asentos. É o caso dunha usuaria que ía sentada con outras tres persoas e non lle permitiron cambiarse de sitio para gardar a distancia.
Máis sobre actualidade
02/03/2021 11:46