CRTVG

Buscar

Os usuarios do Berbés rexeitan a suba de taxas de ocupación

Publicado o 12/04/2019 15:36

As asociacións de usuarios do Berbés rexeitan a suba de taxas por ocupación que lles vai aplicar a Autoridade Portuaria de Vigo por instrución de Portos do Estado. Piden ter acceso ao informe que recomenda a suba, e diálogo para intentar parar un incremento que cifran nun 154%.

"Non pode continuar unha situación de indefensión. Reclamamos igiualdade de trato. As mesmas normas ou esixencias que se apliquen nas demais lonxas a nivel nacional", di Javier Touza, o presidente da Cooperativa de Armadores de Vigo.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/04/2019