CRTVG

Buscar

Os usuarios das estacións en que Renfe deixa de vender billetes falan de "desmantelamento"

Publicado o 30/12/2019 15:23

Guillarei, Redondela, O Carballiño, Sarria, Ribadavia, Ortigueira, Viveiro e Burela son as oito estacións de tren galegas onde se vai suprimir a venda de billetes en despacho. Os sindicatos ferroviarios critican a medida porque destrúe emprego e os usuarios xa non terán a quen consultar dúbidas ou pedir axuda. Falan de estacións pantasma e sen utilidade.

"É algo que non me cabe na cabeza. Non se pode entender". "Parece incrible que veña xente á estación e non haxa quen a atenda".

Por número de habitantes e usuarios, Redondela é a máis afectada das oito.

"Con 30.000 habitantes e 10.000 na zona urbana lindeira, non é lóxico este desmantelamento".

Malia a perda de servizos, o prezo das viaxes vaise incrementar nun 1% en 2020. En Galicia quedan 75 estacións lonxe das áreas urbanas que, segundo os sindicatos, non preocupan ao Adif.

Noticias web

30/12/2019