CRTVG

Buscar

Os usuarios da A-52 denuncian avarías polo mal estado do firme

Publicado o 21/02/2019 16:51

Fochas, parcheados ou xuntas de dilatación en mal estado son as deficiencias que atopan nalgúns treitos os condutores que transitan pola autovía A-52. Unhas deficiencias, limitadas a algunhas zonas, e que se dan sobre todo nos carrís en sentido Ourense.

Con todo, os investimentos do Ministerio na renovación do firme nos últimos meses permitiron mellorar a situación. De feito, xa non existen as limitacións de velocidade a 100 km/h que impuxera Fomento o verán pasado polo mal estado da calzada.

Os principais problemas veñen unha vez traspasado o túnel da Canda en dirección a Castela. A partir de aí, as fochancas son máis grandes e é máis evidente a falta de mantemento. Coa estrada neste estado sofre tanto o vehículo como o condutor.

Do mesmo xeito que se lles esixe aos condutores o respecto ás normas viarias, os usuarios da autovía demandan un maior esforzo da Administración no seu coidado.

Noticias web

21/02/2019