CRTVG

Buscar

Os tripulantes do Carla están confinados en Burela tras o positivo en coronavirus dun dos tripulantes

Publicado o 15/04/2020 14:37

Entre o buque e o espigón do peirao pasan as horas os triupulantes do Carla. Un palangreiro de bandeira francesa pero con casa armadora en Asturias que onte atracaba no porto de Burela catro días despois de zarpar deste mesmo peirao.

Esta volta precipitada debeuse a que un dos seus tripulantes daba positivo no test por coronavirus. Este mariñeiro quedara a anterior marea en terra para acompañar a súa muller tras unha operación, e o xoves volvía a embarcar. Foi precisamente por ese motivo, pola sua reincorporación ao buque polo que se lle fixo a proba a el e a outros dous tripulantes.

O domingo cando estaban traballando en augas hispanofrancesas saltaba a alerta. Xa en terra toda a tripulación era sometida as probas do coronavirus a bordo do buque. Todos están ben e de momento non presentan sintomas.

Nas últimas horas tamén se procedía a desinfección do buque. E facíaselles entrega de máscaras aos mariñeiros.

Noticias web

15/04/2020