CRTVG

Buscar

Os tres detidos en Carballo a semana pasada por múltiples delitos ingresaron no cárcere

Publicado o 24/09/2020 14:19

As investigacións comezaron en xullo. Nos últimos meses, a Garda Civil percibira un aumento dos roubos en bares, cafeterías e outros negocios, cunha mesma metodoloxía, sobre todo, na provincia da Coruña, pero tamén en Lugo e Pontevedra. Para cometer os roubos, utilizaban vehículos de gran potencia e desprazábanse de noite por vías secundarias.

Grazas á investigación dos axentes, lograron deter cinco persoas, tres delas están en prisión preventiva por orde xudicial.

Os outros dous detidos están en liberdade a disposición xudicial cando sexan requiridos. Todos tiñan antecedentes penais e policiais.

Noticias web

24/09/2020

Máis sobre Carballo