CRTVG

Buscar

Os transportistas piden que se habiliten áreas onde poder facer as súas necesidades ou xantar

Publicado o 20/03/2020 13:54

Coma Darío, milleiros de transportistas son desde hai días os protagonistas das estradas. Malia que sen eles os supermercados ou as farmacias e tendas de alimentación non poderían garantir o abastecemento dos produtos básicos, aseguran que estan totamente abandondos.

Conscientes da situación, almacéns coma este de Mercagalicia de Santiago de Compostela permítenlles poder usar os aseos incluso fóra de horario de apertura. Difíciles condicións de traballo ás que se unen o feito de estaren lonxe da familia e a incerteza sobre as consecuencias que pode ter o risco que están a asumir.

Asegura Fernando que hai abastecemento de sobra e pide á cidadanía que merque con sentidiño para así facilitar as cousas.

Desde a soidade das cabinas dos seus camións apelan á solidariedade e ao sentido común de todos, traballen ou non, polo seu ben e polo dos demais.

 

Noticias web

20/03/2020