Os transportistas galegos estudan ampliar a demanda polos prexuízos ocasionados polas obras en Rande
Publicado o 27/02/2020 15:39
Denuncian atrasos na entrega das mercadorías, alteracións nos horarios dos transportistas e cambios na loxística. As empresas de transporte din que as retencións na ponte de Rande ocasionaron importantes perdas económicas nos seus negocios.
Valoran positivamente a sentenza que obriga a Audasa á devolución das peaxes, pero os transportistas van más alá e preparan unha demanda para reclamar as perdas.
Os servizos xurídicos da asociación de transportistas estudan a sentenza para ampliar a denuncia.
Máis sobre actualidade
20/01/2021 20:01