CRTVG

Buscar

Os transportistas do carbón retoman o peche no Concello das Pontes

Publicado o 07/01/2020 21:10

Os camioneiros que transportaban o carbón para Endesa retomaron as mobilizacións este martes.
Comezan un novo peche na Casa do Concello das Pontes co obxectivo de esixir unha transición enerxética que tome en conta os colectivos afectados. Solicitan que se planifique unha descarbonización máis xusta.

Novas mobilizacións dos transportistas do carbón

Prevén percorrer un treito do camiño de Santiago dentro do novo calendario de mobilizacións que están a perfilar. O seu obxectivo principal é reclamar unha transición enerxética xusta, para que poidan ter marxe suficiente para buscar outras alternativas.

A problemática do peche de Endesa tradúcese en cifras para estes traballadores. Aseguran que nos últimos oito meses xa perderon máis de 17 millóns de euros. Un desgaste económico, din, que xa pasa factura a toda a comarca.

Noticias web

07/01/2020