CRTVG

Buscar

Os transportistas do carbón reclaman una transición ordenada para minimizar os efectos

Publicado o 30/12/2019 10:18

Os camioneiros adiantan que haberá novas mobilizacións. Polo momento, para as oito e media desta tarde hai convocada unha concentración na praza do Carme en defensa dunha transición enerxética xusta. 

Sabela Romar conversa con Manuel Bouza, presidente dos transportistas do carbón, sobre os efectos do peche da central de Endesa na comarca. Bouza pídelle á sociedade que se implique para reclamar e buscar novas alterntivas, como a queima de lodos que proceden das depuradoras, que mezclados con carbón poden producir as mesmas calorías que o que producía o lignito pardo, que é o que se queimaba nas Pontes.

Sobre o programa de acompañamento mentres se desmonta a Central, Bouza asegura que "iso é un conto", e que en principio "os transportistas do carbón non están preparados para transportar chatarra". Afirma Bouza que "a xente de Endesa xa está preparada para irse para onde queinar, aquí van quedar 20 ou 30 traballadores".

"As axudas que para os transportistas ofreceu o Ministerio hai catro ou cinco meses aínda non chegaron".

 

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

30/12/2019

Máis sobre As Pontes de García Rodríguez

As Pontes 7-0 Pontellas
17/02/2020 11:09