CRTVG

Buscar

Os traballadores de Alcoa volven reunirse coa empresa, pero sen avances

Publicado o 10/06/2020 14:50

Nova reunión entre os traballadores de Alcoa e a empresa, pero sen acordos concretos. Unha mesa en que se deron poucos avances. Cada un mantense firme na súa postura: a empresa, no despedimento de máis de 500 empregos; os traballadores, na necesidade aprobar en breve o estatuto para as industrias electrointensivas que regule o prezo da electricidade.

"Dixo o señor Raúl Blanco que o custo da enerxía non ía ser un problema, queremos que cumpra a súa palabra, saquen ese estatuto e que poñan enriba da mesa un marco enerxético estable que ten que vir acompañado dun plan de viabilidade que garanta o futuro das empresas que se acollan a ese marco", asegurou José Antonio Zan, presidente do comité de empresa de Alcoa.

 

 

Noticias web

10/06/2020