CRTVG

Buscar

Os traballadores do transporte urbano de Ourense inician unha folga para pedir un novo convenio colectivo

Publicado o 28/12/2020 21:31
Os traballadores do transporte urbano de Ourense inician unha folga para pedir un novo convenio colectivo

Primeira xornada de paros parciais dos traballadores do autobús urbano en Ourense. Son paros de dúas horas cada un en tres treitos horarios: de oito a dez da mañá, de unha a tres do tarde e de sete a nove do serán.

O obxectivo é esixir avances na negociación do convenio colectivo coa empresa. Din que hai importantes diferenzas tanto a nivel salarial como de xornada. Continaurán cos paros, afirman, ata o 15 de xaneiro cando teñen previsto unha folga indefinida senón chegan antes a acordo.

Noticias web

28/12/2020