CRTVG

Buscar

Os traballadores de Endesa maniféstanse na Coruña tras o anuncio do peche nas Pontes

Publicado o 22/01/2021 13:19

Primeira mobilización dos traballadores de Endesa nas Pontes tras o anuncio do peche. Marcharon dende a delegación do Goberno, na Coruña, ata a subdelegación, cortando o tráfico uns 15 minutos.

Piden garantías de emprego e alternativas industrias para Galicia e de feito uníronse a eles traballadores de Alu Ibérica e de Gamesa.

O persoal das Pontes non entende o informe unilateral da empresa descartando os biocombustibles. Eles cren que as probas estaban dando resultados. 

Noticias web

22/01/2021

Máis sobre As Pontes de García Rodríguez