CRTVG

Buscar

Os traballadores de Ence levan á Delegación do Goberno a súa demanda de continuidade da factoría

Publicado o 05/03/2021 17:35

Os traballadores de Ence levaron ante a Delegación do Goberno na Coruña as súas protestas para que a fábrica quede en Pontevedra. Á marcha acudiron tamén empregados do transporte da madeira e do sector forestal. Todos rexeitan a Lei de cambio climático do Goberno central porque obriga a trasladar a fábrica de Ence do seu sitio. Aseguran que iso provocará o seu peche, e a perda de milleiros de empregos na provincia.


 

Noticias web

05/03/2021