CRTVG

Buscar

Os traballadores de Deliveroo deben ser asalariados por conta allea, segundo o xulgado

Publicado o 23/07/2019 12:15

Golpe da xustiza ás plataformas dixitais que usan a figura do 'falso autónomo'.

Un xulgado de Madrid dálle a razón á Inspección de Traballo no macroxuízo contra Deliveroo. Afirma que os repartidores desta compañía, os denominados riders, deberían ser empregados por conta allea e insta a matriz de Deliveroo a dalos de alta na Seguridade Social e a cotizar por eles como traballadores asalariados. 

A sentenza, contra a que cabe recurso ante o Tribunal Superior de Xustiza de Madrid, foi celebrada polos sindicatos, que levan tempo denunciando estas novas fórmulas de precarización do emprego.

Noticias web

23/07/2019