Os traballadores de Barreras saen de novo á rúa para pedir unha solución urxente
Publicado o 14/11/2019 15:59
Piden unha solución urxente para a complicada situación que están a vivir. Os traballadores de Barreras saíron de novo á rúa.
Case un cento deles participaron nunha manifestación que partiu do estaleiro, convocada polos sindicatos UXT, Comisións Obreiras e CIG. Esixen que non se perda máis tempo e que se tomen decisións para arranxar a situación canto antes, e poder comezar así coa construción dos barcos. Do contrario, 1.000 empregados poderían quedar na rúa.
Máis sobre Vigo
27/02/2021 14:47
24/02/2021 15:16
24/02/2021 13:58