CRTVG

Buscar

Os traballadores de Barreras pídenlle á Xunta que lidere a busca dunha saída para o estaleiro

Publicado o 19/11/2019 16:12

Piden unha solución urxente. Douscentos traballadores saíron do estaleiro e percorreron distintas rúas ata a sede da Delegación da Xunta de Galicia en Vigo. Pedíronlle á Administración autonómica que lidere a busca dunha saída que lle dea viabilidade a Barreras, xa que o accionariado non foi capaz de facelo por agora. Os traballadores afirman que coñecen a existencia de negociacións, pero que non teñen novas ao respecto. 

No mes de outubro comezaba a conta atrás para buscar unha solución ao estaleiro que entraba en preconcurso de acreedores. Ante a falta de noticias, os traballadores continúan co seu calendario de mobilizacións. Pídenlle un acordo inmediato ao accionariado que garanta a viabilidade do estaleiro.

Barállanse distintas opcións para saír do preconcurso. Por unha banda, a navieira do megaiate Ritz Carlton podería acadar un acordo cos accionistas. Outra ben distinta pasaría pola compra do anterior presidente de Barreras do 51 por cento das accións de Pemex. Os traballadores din que calquera alternativa é válida se reactiva actividade en Barreras.

A marcha saíu do estaleiro e acabou cunha concentración na delegación da Xunta en Vigo. Pídenlle á Administrtación autonómica que lidere a busca da solución de Barreras.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/11/2019