CRTVG

Buscar

Milleiros de persoas piden en Foz a continuidade da produción de aluminio na comarca

Publicado o 14/06/2020 21:22

Unha multitudinaria manifestación colapsou Foz en protesta polo peche de Alcoa. Milleiros de persoas percorreron as rúas da vila ao berro de ''A Mariña sálvase loitando''. Aos manifestantes a pé uníronse desta volta reforzos desde o mar. Todos a unha, queren deixar claro que se pecha Alcoa, enterrarán toda a Mariña.

Traballadores, veciños e representantes políticos percorreron as rúas focenses esixindo solucións. A manifestación de hoxe é un chanzo máis nunha concatenación de protestas e actos varios para esixir unha alternativa ao peche da planta de Alcoa.

Esta semana remata o período unilateral de consultas aberto por Alcoa previo áo ERTE para 534 traballadores. Con todo, traballadores e veciños confían nunha solución.

Máis sobre Foz