Os traballadores de Alcoa San Cibrao anuncian unha xuntanza con Liberty a vindeira semana para coñecer os seus plans
Publicado o 04/09/2020 16:32

Non se ven avances no proceso de venda da planta de aluminio de Alcoa en San Cibrao. O proceso leva unha semana enquistado, e de momento non hai acordo entre Alcoa e o grupo británico Liberty intesado na planta.
O conselleiro de Industria, Francisco Conde, pediulles hoxe que aclaren a falta de entendemento que está a dificultar o proceso. Os traballadores culpan a Alcoa, din que a multinacional non ten interese na venda. O domingo volverán á rúa en defensa dos seus postos de traballo.