CRTVG

Buscar

Os traballadores de Alcoa realizaron unha marcha a través das rúas de Mondoñedo

Publicado o 19/09/2020 09:55

A unha semana de que venza o prazo para a venda, os traballadores de Alcoa realizaron unha marcha a través das rúas de Mondoñedo. Unha comitiva con lanternas formada por traballadores de Alcoa, as súas familias e veciños, atravesaron a vila e concentráronse na praza da Catedral, pra escoitar "a Paula", unha campá que só soa en ocasións especiais.

Unha acción de protesta máis nun momento decisivo nas negociacións prá venda da empresa,a pouco máis de unha semana de que venza o prazo e se faga efectivo o ERE para 534 traballadores. Din que seguirán presionando nos próximos días para que Alcoa acepte a nova proposta de Liberty, que rebaixa as súas pretensións, pero que a multinacional estadounidense segue considerando pouco razoable.

O comité de empresa pídelle a Alcoa que non sabotee as negociacións e que respecte o papel mediador dos gobernos central e galego.

 

Noticias web

19/09/2020