CRTVG

Buscar

Os traballadores de Alcoa péchanse nas casas consistoriais de Xove e Viveiro

Publicado o 26/09/2020 21:17

Representantes dos traballadores de Alcoa e das empresas auxiliares están encerrados dende esta mañá nos concellos de Xove e Viveiro como medida de presión para que a multinacional norteamericana venda a factoría ao grupo Liberty House antes de mañá ás doce da noite.A esta hora remata o prazo para negociar e, de non haber un acordo, os traballadores temen que Alcoa bote á rúa a 534 compañeiros.

Sacos de durmir na sala da casa do concello viviairense na que van pasar a noite once traballadores de alcoa e das empresas auxiliares, o mesmo número ca en Xove, outra protesta máis para deter o reloxio que marca que mañá as doce da oite remata remata o prazo para a venda da factoría.O luns os traballladores están convocados en Madrid.

Nunha asemblea os traballadores acordaron onte unanimemente non aceptar apagar as cubas nin ningunha outra solución que non fora a de que ontinúen os postos de traballo.No encerro de hoxe estiveron acompañados polos rexidores de Xove e Viveiro, amosando o compromiso de toda a Mariña coa continuidade da planta.

Traballadores da empresa e das auxiliares, os seus familiares e veciños da mariña farán mañá unha nova andaina dende a estación de ferrocarril de Feve de Xove ata Concello para esixir, sen desalento e unha vez máis, unha solución.

 

Noticias web

26/09/2020