CRTVG

Buscar

Os traballadores das plantas de Nissan en Cataluña protestan cunha marcha lenta de vehículos

Publicado o 04/06/2020 16:00

Os traballadores das plantas de Nissan en Cataluña protagonizaron esta mañá unha marcha lenta de vehículos en protesta polo peche das plantas catalás da factoría xaponesa.

Centos de vehículos saíron dende varias zonas, entre elas, a Franca de Barcelona, con dirección á avenida Diagonal da capital catalá. Despois concentráronse diante do consulado do Xapón en Barcelona. Os traballadores piden a implicación de todos os actores e que se lles asignen novos vehículos para ser rendibles.

 

 

 

Noticias web

04/06/2020