CRTVG

Buscar

Os traballadores da central das Pontes esixen respostas a Endesa e ao Goberno

Publicado o 27/11/2019 15:42

Unidos como levan xa seis meses polo futuro das Pontes, traballadores, sindicatos, partidos políticos e empresarios reclaman respecto por parte dunha empresa que leva décadas sacando beneficios da zona. Pídenlle ao Goberno que convoque de xeito urxente a mesa de traballo para clarificar o futuro. 

Valentín González Formoso, alcalde das Pontes: "Esixir que se convoque esa mesa de xeito urxente. Entendemos que é imprescindible para coñecer oficialmente o resultado das probas".

Mañá retomanse as mobiizacións. Hai convocada nas Pontes unha concentración diante das portas da térmica á que seguirá unha manifestación en Ferrol pola reindustrialización das comarcas.

Noticias web

27/11/2019